Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario).
Lugar: San Domingos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun elemento que comparte numerosas similitudes coa fonte de Riomuíños, pois é construida tamén a extramuros, neste caso á entrada do arrabalde de San Domingos, a fábrica é coetánea e o seu estilo e trazas son prácticamente miméticos.

Coñecida na idade media como fonte de Reimiro, no século XVI o bispo D, Juan de Sanmillán levou a cabo obras de remozo colocando as súas armas nela e en 1718 é reedificada polo Concello. En 1813, ao igual que pasou na fonte de Riomuíños, o blasón episcopal foi sustituído polo do municipio.

A disposición arquitectónica parte dun muro ornado con almenas; nel en primeiro lugar aparece adosado o corpo cuadrangular de similar traza á da fonte de Riomuíños pero máis esvelta: corpo cuadrangular con cornixa e coroado por chapitel, sen pináculos nos ángulos e con escudo e epígrafe na cara central para finalmente, a nivel basamental rematar con catro mascaróns antropomórficos que albergan os canos de auga, dous na cara central e un nos laterais. Ao seguir da fonte, e tamén adosados ao muro aparecen unha pía e pilón ou lavadoiro con cuberta sostida por piares.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

AA.VV. “Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas rúas. Tui, 1997. (pp. 165-66)
VILA BOTANES, S. “O Tui esquecido”. Tui, 1997. (pp. 139-40)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.047844638140006
Lonxitude: -8.641396164894104
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84