Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Cantón Grande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

No ano 1893 unha comisión popular presidida por Narciso Obanza solicita ao Concello o apoio para construir un obelisco en homenaxe ó destacado político da restauración Aureliano Linares Rivas, na Avenida da Mariña. O monumento serviría para satisfacer as necesidades de posuir un reloxo nun punto céntrico, un barómetro e un termómetro.
A axuda que se pedía era a cesión do terreo, as obras de cimentación e escalinata. Esta petición é aprobada e en 1894 acórdase que o arquitecto municipal Antonio de Mesa estudie o presuposto e se encaargue da cimentación.
O autor do proxecto é Gabriel Vitini Alonso, mestre de obras e profesor de arquitectura, quen asinou os planos en decembro de 1893. O monumento inaugurouse o 6 de febreiro de 1895.
É unha columna estriada sobre un pedestal decorado nas frontes e nos chafráns con pranchas de bronce. Sobre o seu capitel corintio aparece un reloxo con catro esferas, a rosa dos ventos e un cataventos cun barco. No século XX elevouse o tamaño do fuste orixinal.
O obelisco foi símbolo da cidadanía coruñesa durante gran parte do século XX. Varias xeracións de coruñeses encontráronse no seu contorno, xa que o monumento chegou a converterse no centro simbólico da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLON, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña». Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

-Páxina do PXOM de 1985 do concello da Coruña que recolle este Ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca004.pdf
(páxina 33 de 36).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36866282857999
Lonxitude: -8.402204811573028
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84