Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: O Parrote
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O primeiro Hospital Militar da Coruña construíse a comenzos do século XVII na Porta dos Ferreiros, preto do Hospital do Bo Suceso. No ano 1726 o enxeñeiro militar Francisco Montaigú, que chegou a España co primeiro Borbón, Felipe V, é o encargado de realizar diversas obras na cidade, como a ampliación do Hospital do Rei construída cen anos antes para prestar asistencia ás tropas asentadas na Coruña. Compoñíase dun so corpo con dúas plantas, paralelo ás murallas da cidade. Este antigo hospital estaba formado por unha gran sala para os enfermos xerais, unha sala para psiquitría e unha unidade de cirurxía. Na remodelación engádenselles pavillóns e a Capela do Espíritu Santo que estaba nas inmediacións.
No ano 1798 volve a quedar pequeno e o Capitán Xeneral Pedro Martín Cermeño propón o derrubo dos edificios existentes e a construcción dun único hospital, pero ata mediados do seculo XIX non se derrubarían ambos hospitais. A edificación do novo edificio, que nestes momentos denominábase Hospital Militar do Bo Suceso, lévase a cabo durante o reinado de Isabel II, proxectado polo enxeñeiro Joaquín Montenegro, e construído sobre o solar do Real e do Bo Suceso, entre 1861 e 1866. Constaba de dous corpos arredor dun gran patio central cadrado e de catro fachadas, situándose a principal no lado norte. Tiña 15 salas e podía acoller a uns 300 enfermos.
No ano 1946 un incendio asola completamente o hospital e da fábrica primitiva só sobreviviron as paredes de cantería, ás que se engadiron dúas plantas máis, formando as catro actuais. Considerado como o suceso máis serio da súa historia, serviría para convertelo nun dos máis modernos e mellor dotados do país. No ano 1995 o Ministerio de Defensa pecha as súas portas e incorpórase á rede do Servizo Galego de Saúde. Reinaugúrase no ano 1998 e pasa a chamarse Hospital “Abente y Lago”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña». Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-personaldelchuac.blogspot.com/2010/01/hospital-militar-…
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36829625890637Lonxitude: -8.389762043952942
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84