
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: San Xoán de Borneiro
Lugar: Borneiro
Outra denominación do ben: A Cibdá
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Foi o primeiro castro galego en ser científicamente fechado co método do carbono 14. Estivo habitado entre os séculos IV e I aC, sen ter observado signos de romanización. Encontrase ubicado nunha ladeira orientada ó leste, xunto a un arroio, a unha altura duns 200 metros.
Descoberto en 1924 por Isidro Parga Pondal e Pérez Bustamante, as escavacións comezaron nos anos 30 e se reanudaron nos anos 70. Na década dos 80 realizáronse os traballos máis concienzudos. Nelas encontráronse múltiples fragmentos de cerámica indíxena, urnas de bronce e ferro, muros de pedra, moldes de fundición, doas de vidro, etc; actualmente expostos no Museo Arqueolóxico de A Coruña. A día de hoxe escaváronse un total de 36 construccións (unhas tres cuartas partes do total).
O conxunto (duns 90 por 55 metros) está rodeado en todo o seu perímetro por un foxo e dous muros defensivos, a excepción do lado leste, onde a pendiente brusca da ladeira actúa como defensa natural.
Ademáis do recinto principal existe unha zona conñecida como Barrio Extramuros no lado leste, coincidindo coa entrada ó castro. Este segundo conxunto está formado por unha gran vivenda ovalada, duas fontes con desaugue e un forno circular que no seu momento debeu de estar cuberto por unha bóveda.
As vivendas son circulares ou cuadrangulares coas esquinas redondeadas, destacando polo seu gran tamaño en comparación con outros xacementos.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15014003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa escrita do 6 de outubro de 2017 denuncia o estado de abandono desde fermoso ben (ver referencia bibliográfica).
A prensa dixital do 9 de xaneiro de 2020 denuncia o estrago que xabarís e toupeiras están a facer neste complexo arqueolóxico (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA018.pdf (Ficha nº 3)
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/zas/2017/02/22/muino-anuncia-nueva-obra-acceso-castro-cida-borneiro/0003_201702C22C4994.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/10/06/cida-borneiro-desmorona/0003_201710C6C4996.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cabana-de-bergantinos/2017/10/07/cida-recuperara-entrada-natural-hacerlo-accesible/0003_201710C7C6991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/01/09/jabalies-topos-excavan-castro-cida-borneiro/0003_202001G9P20993.htm
BIBLIOGRAFÍA
Romero Masiá, A. (1987): «Castro de Borneiro. Campañas 1983–84». Arqueoloxía/Memorias, 7. Xunta de Galicia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1947582598Lonxitude: -8.95278990269
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Ulmo de Arxila says:
Ago 9, 2011
Quanto à tradiçom oral relacionado com este castro (A Cidá) tenho escuitado que havia um túnel subterráneo que o comunicava com a praia de Trava, já no concelho de Lage.
adela suma says:
Ago 17, 2011
O PXOM (1999) recolle o castro no catálogo (ficha nº 3):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA018.pdf
onde pode verse os a´mbitos de protección e respeto do xacemento
adela suma says:
Ago 17, 2011
O código do elemento é GA15014003
Xose Troiano says:
Nov 3, 2017
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2017/11/03/perdida-castro-borneiro/0003_201711C3C2993.htm