
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: San Xoán de Borneiro
Lugar: Dombate
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
O dolmen de Dombate construíuse na primeira metade do IV milenio e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento.
O túmulo, ou mámoa, ten uns 24 m de diámetro e 1,80 m de altura. Consta dunha camada de terra escura recuberta parcialmente por unha coiraza pétrea formada por pedras planas depositadas horizontalmente que marcan o perímetro e pedras ben trabadas no interior. Sospéitase que orixinalmente o túmulo recubría até á altura do corredor e que a anta ficaba á vista.
A anta consiste nunha cámara poligonal ancha formada por sete ortóstatos, un dos cales mide 4,64 x 3 m, e un corredor de tres tramos, ben diferenciado en planta e en sección. A entrada estaba pechada cunha lousa vertical recuberta de pedras. Entre algúns ortóstatos colocáronse lousas alongadas polo exterior para contribuír a fechar o oco. As gabias de sustentación atinxen profundidades de 140 cm na cámara e 70 cm no corredor.
Baixo o túmulo coñecido existiu un megálito anterior no tempo de menor tamaño e complexidade consistente nunha cámara simple, alongada e aberta composta por nove ortóstatos e dimensións de 240×190 cm. O seu túmulo tiña 10,5 m de diámetro e estaba cuberto por unha coiraza dunha soa camada de pedras.
Os ortóstatos da cámara conteñen gravados. Todas as lousas, tanto na cámara como no corredor, contan con
pintura. Esta distribúese en dous rexistros horizontais separados por unha banda vermella de puntos vermellos e negros, sendo o conxunto unha composición na que prima a xeometricidade (zigue-zaques, bandas verticais e oblicuas, ondulados, retículas, etc.).
Tamén se atoparon unha fieira de ídolos, vinte en total colocados fronte ao corredor e no límite do túmulo e un notable enxoval lítico e cerámico.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos Pinos.
Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“El dolmen de Dombate: arqueología, arquitectura y conservación”
Autores: José Yáñez Rodríguez (coord.)
Editores: Deputación da Coruña
Año de publicación: 2011
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/09/10/o-pais-dos-despropositos/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.19013157441295Lonxitude: -8.969489336013794
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Ago 17, 2011
Non fun quen de atopar o Plan Director do dolmen; o PXOM de Cabana de Bergantiños (1999 e polo tanto, non adaptado) ten unha ficha para este elemento (nº4):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA018.pdf
onde gráficamente non se define o ámbito de protección do dolmen oO, alucinante
adela suma says:
Ago 17, 2011
O código do dolmen é GA15014004