Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Praza de Santo Andrés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Fonte da Fama é unha das dúas máis emblemáticas e antigas da Coruña. Obra do escultor compostelán Antón Pernas, é herdeira do esplendor napoleónico do século XVIII. Así, foi feita a partir de planos datados o 19 de setembro de 1791 e asinados por Fernando Domínguez Romay. En definitiva, dez anos posteriores á fonte da Cibeles que proxectou Ventura Rodríguez para Madrid e, ó igual ca madrileña, reproducen divindades clásicas.
A Fama, divindade alegórica grecorromana encargada de divulgar verdades e mentiras, está representada alada e con trompeta, levouna a confusión a moitos coruñeses que sempre a coñeceron pola “Fonte do Anxo”. Esta fonte tivo que ser trasladada no ano 1882 dende o seu primitivo emprazamento na rúa da Fama, no entorno de Rego de Agua, ata a praza de Santo Andrés, substituíndo á antiga que había alí.
A fonte consta de catro semicírculos cunha liña recta en cada lado que lle dá unha forma cuadrangular; no centro levántase unha especie de columna con catro caras con cadanseu cano por onde bota a auga e, arriba desta está a divindade alegórica grecorromana.
Como xa comentamos antes, esta divindade está representada alada e con trompeta, mais a mediados do ano 2003, nun dos moitos botellóns que se fixeron no lugar, uns vándalos arrancáronllela trompeta e esnaquizáronlle o dedo polgar sen que se restaurase ata agora.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37014663318927
Lonxitude: -8.401913791894912
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84