Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Bugarín (Santa Cristina)
Lugar: O Viñal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro consta dun pedestal cadrado rematado en arestas redondeadas, e con inscricións pouco lexibles que di:
“ABAD D.JOSÉ VIEITEZ
MARINO”
Noutras das súas caras podemos ver unha especie de brasón, no centro unha cruz co remate dos brazos en flor de lis e unha espada á dereita.
Sobre el descansa o fuste octogonal. O capitel é de estilo xónico e a cruz latina de brazos cadrados. No seu anverso represéntase á figura de Cristo e no reverso a da Virxe co fillo no colo en posición de medio escorzo e cun gran manto que a cubre dende a cabeza. Debaixo dela a figura dun querubín.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA004.pdf (p. 2)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDbUo4eU5LZnh2Nlk&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 2)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420501.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1907941052
Lonxitude: -8.50333213806
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84