
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Borreiros (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre unha base cadrada de 90 centímetros de altura, sobre a que se sitúa unha escalinata de catro chanzos con escocia. Sobre ela unha base decorada con relevos. O fuste é octogonal e remata nun anel.
O capitel é de estilo xónico con volutas, que da paso á cruz de forma octogonal e remates en moldura tórica con florón central, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe co Neno no seu regazo.
Este cruceiro foi movido de sitio varias veces. Orixinariamente se atopaba no lugar de Viso de Calvos, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona); logo pasou ao lugar de Monteiro, e máis precisamente a un sitio que aínda hoxe lle chaman A Feira dos Sete xa que, segundo a tradición, naquel lugar existíu unha feira de gando que se facía os 7 de cada mes. O cruceiro presenta unha inscrición coa data de 1850, que fai referencia a este último traslado:
“SETR
ASLA
DOYR
EEDI
FICO
EN EL
ANOD
1850”
Este cruceiro aparece citado no Catastro de Ensenada (1753).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602101.html
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (2004). Cruceros de Val Miñor y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador (1995). Historia da comarca do Val Miñor (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE)
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte e Territorio. Ed: IR INDO
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1033563962Lonxitude: -8.80307905376
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84