![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_Pontedeume-Muralla2.jpg)
Outra fotografía:
![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_9e72f8a1f075db9904f43ccf46633f23_Pontedeume-Muralla.jpg)
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Pontedeume (Santiago)
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A primeira noticia dunha muralla data do ano 1284 en que a vila contaba con cercas e portas. Con Fernán Pérez de Andrade, o Bo, a vila deixa de ser reguenga para pasar a ser de señorío, mudando con elo o seu sentido de defensa territorial. Segundo o debuxo de Pedro Teixeira do século XVII, a muralla, con oito torreóns, arrodearía a vila en semicírculo, discorrendo ao longo da ribeira do mar e bordeando o pazo. A torre, coñecida como dos Andrade, actuaría como Torre da Homenaxe da vila á que se accedía polas portas da Ponte ou Arco de Maldonado, a de San Roque ou da Vila e a do Porto ou de San Miguel; logo abriríanse tres portas máis: a da Salga ou do Torreón, a do Pontigo e a da Carnicería ou Trabanca. No ano 1616 obrígase aos freires do convento de San Agostiño a pechar unha porta que abriran na muralla. No ano 1617 o Concello gasta na súa reparación 3.272 reais o que amosa a preocupación polos ataques dos piratas. Mais no 1666 e no 1702, neste caso temendo a invasión de ingleses e holandeses, xa se advirte a descomposición do recinto murado. Na actualidade só se conservan algúns restos.
(As fotos achegoumas Pilar Carpente Leira)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
José López Hermida e Carlos de Castro Álvarez, en Cátedra. Revista eumesa de estudios: “Las murallas de Pontedeume”.
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.40499759903805Lonxitude: -8.155288696289062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Pedro says:
Abr 7, 2013
La ubicación no es correcta,está en el atrio de la Igrexa de Santiago de Pontedeume.
Xabier Moure says:
Abr 7, 2013
Posiblemente, mais de seguro que está na mesma vila e non é tan grande como para non atopala. Outra cousa ben distinta é situar un monumento ou xacemento no medio do monte ou nunha cidade, poñamos por caso Vigo, aí si que cómpre esmerarse.
Oscar Franco says:
Xan 12, 2017
A muralla, catalogada como BIC, posuía 5 portas (Ponte, Salga, Porto, Postigo e Carnicería), e se extendía pola ribeira, rodeaba o palacio e seguía polas actuais rúas do Picho e Tafona. Baixaba polo convento de San Agustín.
O conxunto atópase no PXOM do Concello de Pontedeume do ano 2016:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca003.PDF (Ficha A_036 – Páxina 64)