Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense (comarca) / Pereiro de Aguiar
Parroquia: Vilariño (Santa Cristina)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa románica e neoclásica datada no século XII e reformada no século XIX, de planta rectangular, con muros de sillaria de granito encintada, con moldura na parte alta, que acompaña a cuberta que é a dúas augas.
No muro principal vemos porta de entrada en arco, que destaca sobre o demais pola súa decoración. Sobre esta lenda con data de construción.
Enriba fornela hoxe baleira e dos lados ventás rectangulares. Na cima molduras circulares debuxando o arranque da espadana nos laterais pináculos con bolas.
A espadana é de dous corpos, tendo no primeiro dous ocos con sendas campás, no segundo un só arco, os dous rematados lateralmente con pináculos.
Na cima remate con pináculo e sobre este cruz metálica.
O máis destacable no interior é a cruz renacentista que sae en procesión durante as festas patronais acompañando as imaxes de Santa Cristina e Santa Mariña, patroas da parroquia.

Situada no pobo de Vilariño a 6 Km de la capital ourensán, podemos acceder a ela a través da C-546 ou ben pola N-120 collendo o desvío que se encontra a altura do pobo de Melias.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Aparece publicada no Boletín Auriense XXIV con Bibliografía de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, que conta o seguinte:
Fala a historia de que existe unha rede de pasadizos subterráneos que unirían os restos do Monte do Castro con as ruínas de un castelo anegado polas augas do Miño.
Estes túneles estarían habitados polo Mouro, que escondería un gran tesouro. Pero a historia advirte da existencia de dúas trabes unha de ouro e outra de alcatrán que sustentan os pasadizos e serian unha trampa para o que intentara buscar o tesouro.
Falase que incluso un mozo certo dia conseguiu atopar a entrada, e que cando descubriu as trabes, cegoulle o valor da de ouro, e o tentar sacala fixo que se derrúbase toda a cova e el escapara de milagre.
Aínda que feitos como estes disuadiron a moitos de buscar o tesouro, algúns dos maiores do lugar confesan que de rapaces pasaron días escavando e intentando atopar a entrada a cova de mouro.

Non moi lonxe atopase unha rocha ca lenda “sicenata pacata”, que tamén ten moito de lenda a súa relación ca posible situación do Castro Medulio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA005.pdf (P.10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3731872064671
Lonxitude: -7.81743496656417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84