Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fisterra
Parroquia: Fisterra
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O templo é dunha nave e un ábside de planta rectangular, con moitas reformas e añadidos sobre a primitiva construcción románica do século XII. Conserva unha ventá románica no testeiro, o arco triunfal apuntado de entrada ó presbiterio e a bóveda de crucería. A porta da fachada é románica con dous pares de columnas e sinxelas arquivoltas que acollen un tímpano liso. Diante dela consérvanse os arcos do antigo pórtico. Nun dos laterais encontramos unha porta de estilo Egas, moi raro en Galicia. No interior débese visitar a capela do Santo Cristo da Barba Dourada (de estilo gótico do século XIV).
A igrexa de Santa María das Areas está emplazada na ladeira do mítico Promontorium Nerium, no Cabo Fisterra, antigo Finis Terrae dos romanos e lugar onde supostamente se ubicaba o Ara Solis.
Tamén próximo á igrexa atópase un cruceiro gótico do século XV, un dos más antigos de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Son innumerables as lendas o redor da fermosa talla do Santo Cristo da Barba Dourada, entre elas, unha das máis repetidas é a que afirma que foi tirada ao mar dende un barco inglés e recollida por un pesqueiro fisterrán, o que para que amainase o temporal tivo que desfacerse dela un barco, que lla roubara. Tamén se dice que lle medra a barba.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellofisterra.com/ca/web/conte.php?ida=5
http://www.arquivoltas.com/21-LaCoruna/01-Finisterre.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.90180657705253Lonxitude: -9.263625741004944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xose Troiano says:
Set 12, 2011
O código no catálogo da Xunta é:GA15037009
Fisterra | Roteiros galegos says:
Nov 13, 2011
[…] e, seguindo a mesma, chegamos á vila de Fisterra, facendo un pequeno descanso no adro da igrexa de Santa María das Areas desde onde proseguimos para acadar o monte de San Guillerme. Neste alto están os restos da Ermida […]
Oscar Franco says:
Out 8, 2015
A rehabilitación desta igrexa causa polémica. Máis info neste artigo da prensa dixital do 7 de outubro de 2015:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/26082-polemica-pintar-azul-branco-igrexa-romanica