Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns da Maestranza, Cidade Vella.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O rei Fernando VI creou na cidade da Coruña unha Real Maestranza de Artillería ordenando o xeneral de artillería d.Antonio Gamaz que se lle cedese o local do antigo consistorio para establecer nel a Maestranza e alí instalaránse as oficinas que había na cidade, conseguindo converterse nunha das primeiras fundicións de canóns e armamento do país, pero as necesidades obrigaron a buscar un local maior, trasladándose ó noroeste da cidade xunto ós conventos de Santo Domingo e Santa Bárbara no ano 1752, segundo un proxecto do enxeñeiro militar Francisco Llovet que se ampliará sucesivamente.
Inicialmente foi un pavillón rectangular con dúas alturas e en 1771 o enxeñeiro Baltasar Ricaud realiza un proxecto de remodelación no que se cerraba o patio con varias naves porticadas, construíndo un espacio poligonal irregular. Destaca o seu gran patio interior no que se combinan corredores abertos con arcos sobre piares a modo de “loggias” con outras zonas cerradas. Dende o ano 1994 é sede do Rectorado da Universidade da Coruña, sendo remodelado polo arquitecto Gustavo Díaz García a quen en 1993 a Consellería de educación encárgalle a rehabilitación instalándose alí as dependencias centrais da Universidade e o Paraninfo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña». Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.370772510976465
Lonxitude: -8.39029312133789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84