Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza Maior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O edificio onde ten a súa sede o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, adquirido para este fin en 1951, foi con anterioridade Pazo Episcopal e comezou a ser edificado no primeiro terzo do século XII polo bispo don Diego II (1100-1132), conservando parte do seu núcleo orixinal (no que hai que incluír as partes construídas entre o comezo da obra e o episcopado de don Lorenzo, 1218-1248) ó redor do claustro.
A este centro nuclear fóronselle engadindo sucesivamente elementos góticos (Torre de Santa María), configurando un importante recinto defensivo, con cinco ou sete torres, que dividían en dous o núcleo urbano de Ourense e ocupaban ata o que agora é o terreo edificable do concello e as edificacións entre este e a Barreira e o Cárcere da Coroa, conxunto desmantelado en tempos da revolución irmandiña (s. XV).
Posteriormente, engadíronse elementos renacentistas (soportal ó xardín, cuartos) e barrocos (portada, patio dianteiro), reforzando todo o conxunto e conformando un monumento singular, que mereceu ser declarado monumento histórico-artístico por Decreto de 3 de xuño de 1931, tendo desempeñado durante toda a Idade Media un papel substantivo na organización urbana de Ourense.
O máis destacable da súa fachada e o enorme escudo do ano 1.727 que luce sobre a porta de acceso.
Do primitivo edificio románico consérvase no interior un núcleo de certa importancia, con testemuños como o lintel fundacional, do ano 1132, e unha dobre cruxía cos seus paramentos conservados ata a altura dos beirís, sendo a súa construción paralela á da Catedral de Ourense. Tamén se conservan algunhas torres -unha románica, outra gótica e a base dunha terceira, mentres que outras foron desaparecendo- das que lle deron nome na Idade Media: Torres, pazos e curral do bispo. É un dos poucos edificios civís destas características en España.
No ano 1895 a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu a creación dun Museo Arqueolóxico Provincial no que se puidesen conservar todos os testemuños do pasado histórico do territorio da provincia e onde se puidesen reunir os tesouros dispersos que formaran parte do Museo de Pinturas.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense abriu ao público o ano seguinte nunha instalación nos baixos do Palacio Provincial.
O museo foi creado en 1896, instalado en sucesivas sedes ata que en 1951 foi trasladado a súa sede actual.
Na actualidade o conxunto está en remodelación, polo que os fondos do Museo foron trasladados ao edificio de Santa María de Europa, pero mantén diversas actividades temporais e unha mostra continuada dunha escolma das obras máis representativas das súas coleccións na Sala San Francisco.
Os fondos do Museo están divididos en dúas áreas:
Sección histórico arqueolóxica:
Durante a visita poden verse valiosas series representativas do mundo paleolítico e megalítico; pezas que fan referencias ó mundo castrexo, dentro do que constitúe un grupo excepcional a escultura; e, finalmente, as de época romana, destacando a epigrafía.
O Museo tamén custodia unha interesante serie arqueolóxica prerrománica e medieval, principalmente elementos construtivos e decorativos e algúns obxectos litúrxicos e imaxes.
Sección de belas artes:
Nesta sección compre destacar a escultura en madeira do Renacemento e Barroco, entre as que se encontran algunhas das xoias do Museo como a Inmaculada de Juan de Juni, os taboleiros da cadeirado de coro do Mosteiro de Montederramo ou o San Diego de Alcalá, de Juan de Angés; así como a pintura dos séculos XVII e XVIII procedente dos conventos suprimidos trala desamortización; e por último, a pintura de finais do século XIX e principios de XX, destacando a obra de Ramón Parada Justel.
Esta sección tamén conta cunha completa colección de artes decorativas nas que destacan telas, ornamentos e tarros de botica monacais.

Unha sala está dedicada a historia do propio edificio.

Información: www.musarqourense.xunta.es


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Web:
http://www.musarqourense.xunta.es/o-museo/o-edificio/
http://www.musarqourense.xunta.es/o-museo/historia_museo/
http://www.museosdegalicia.com/plantilla.jsp?num_provincia=3&num_museo=20&num_clasi=null
http://elpais.com/diario/2011/09/15/galicia/1316081902_850215.html
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/05/19/museo-abre-puertas-dia-permanecer-cerrado-diez-anos/649803.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/11/12/sello-correos-recoge-escudo-museo-arqueoloxico/00031352747716816839330.htm
http://www.ourensedixital.com/_novas/12/11/13_06.htm
Fotos:
museo arqueoloxico de ourense
http://www.absolutourense.com/wp-content/uploads/2011/08/Iglesia-Santa-Mar%C3%ADa-Na%C3%AD.jpg
http://imgll.trivago.com/uploadimages/47/01/4701129_l.jpeg
http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/uploads/2011/03/sec_edificio.jpg
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Ourense_museo_arqueol%C3%B3xico_1.jpg/1280px-Ourense_museo_arqueol%C3%B3xico_1.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33543946544888
Lonxitude: -7.86366015672683
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84