Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Rois
Parroquia: Buxán (San Xoán)
Lugar: Picadizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A pouca distancia dos asentamento que o pxom de Rois sinala no entorno da aldea de Picadizo na parroquia de Buxán, catalogados como GA15074009 e GA15074006, chamados Castro do Tremiñado ( ou Morosa Grande) e o Castro de Picadizo, podemos ver unha estrutura que podería corresponder a dunha mota. É chamada polos veciños ”O Cotarelo”. As motas eran uns montículos realzados de terra, parecidos a pequenos outeiros que podían aproveitar algunha pequena altura natural no terreo, pero que a maioría das veces eran artificiais. Estaba rematada por unha estrutura de madeira ou de pedra. A terra para o montículo estaba presa nun escavado ao redor da construción. A superficie externa do recinto pode ser recuberta de cachotería ou reforzada con soportes de madeira. Esta tipo de pequenas fortalezas podía ser conxuntural e por suposto moito máis efémeras que as torres fortificadas que chegaron ata os nosos días dende o medievo. Este recinto está nun val, o que defire do emprazamento escollido a maioría das veces para a construción doutro tipo de torres ou atalaias que soe ser nun outeiro case inexpugnable. En fronte a esta construción, a 1.3 Km. ao sueste, no outro lado do río de Buxán, no Pico do Porto, apareceu outro asentamento da mesma tipoloxía construtiva no lugar de topónimo “castelo” e a 292 m. de altitude, na divisoria dos concellos de Rois e Dodro. Outros exemplos de pequenas fortificacións, pero tamén levantados no fondo dun val e cercanos a este serían o Monte de Castelo, cerca da igrexa de San Martiño de Broño en Negreira, e o Castrallón de Xasoso, cerca da parroquial de San Vicenzo da Baña, que terían parecidas características topográficas. No estudio para súa tese “Comunidades rurales, poderes locales y señorío episcopal en la Tierra de Santiago de los siglos a V a XI: una visión desde el registro arqueológico” Alvaro Rodrígues Resino fai un estudo dos tipos de fortificación altomedievales e fálanos da existencia da mota do Lamascal (Fecha, Santiago) e de Cira (Cira. Silleda) entre outras, e que atribúe a momentos de consolidación do feudalismo, pero para outro tipo de fortificación recoñece unha orixe máis incerta. A posibilidade dunha antiga ruta, que apunta Benito Sáez Taboada en “As comunicacións romanas na provincia da Coruña”, dende os tempos da romanización, e que partindo de Iria Flavia pasaría cerca de Herbogo e tornaría cara o oeste pola aldea de Faro, Beade e Sónora, pasando polos castros de Duei Comparada, Servia e Couto do Castro en Lousame, ata chegar a Noia, podería ser tamén o motivo da súa existencia en tempos posteriores, para control de rutas ou posibles invasións, dado a cercanía do mar e o río do Ulla. Só un estudo arqueolóxico podería botar luz sobre esta estrutura e todo o seu entorno inmediato: Castro do Tremiñado (Morosa Grande), Morosa do Lago, Castro de Picadizo, Castelo de Pico do Porto e a Ruta que pasando pola aldea de Faro atrevesa o Monte do Treito, cerca do Pico da Muralla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Para ler un pouco sobre estas construcións
http://www.aranzadi-zientziak.org/fileadmin/docs/Munibe/2008219245AA.pdf
http://en.wikipedia.org/wiki/Motte-and-bailey_castle
Máis sobre a zona
Plano do pxom de Rois cos dous asentamentos Castro do Tremiñado ( ou Morosa Grande) e castro de Picadizo)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB015.jpg
O castro de Picadizo en Patrimoniogalego.net (na segunda foto vese en relevo a elevación circular da croa)
http://patrimoniogalego.net/index.php/30481/2012/12/castro-de-picadizo/
Castro do Tremiñado ou chamdo polos veciños Morosa Grande
http://patrimoniogalego.net/index.php/29287/2012/11/castro-treminado/

Mapa de pendentes da zona
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0404.pdf (esquina esquerda abaixo)
Asentamentos con estrutura moi parecida a esta:
http://patrimoniogalego.net/index.php/48672/2013/08/o-monte-do-castelo-de-san-martino-de-brono/
http://patrimoniogalego.net/index.php/57509/2014/03/o-castrallon-de-xasoso/
http://patrimoniogalego.net/index.php/57608/2014/03/castelo-de-pico-do-porto/
http://patrimoniogalego.net/index.php/53402/2013/12/recinto-defensivo-de-porto-covo/
Castelo do Monte do Vilar en Dodro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA109.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7536615284
Lonxitude: -8.72502207756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84