Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Praza de Santa Catalina
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Fonte de Neptuno, de estilo neoclásico, é das máis antigas da cidade. Está construída en granito e na súa parte superior presenta unha estatua do deus Neptuno cun tridente na man. A fonte ten un vaso cuadrangular cun semicírculo ó norte e ó sur e nas liñas rectas do leste e oeste unhas pías con formas de vieiras. No centro do vaso levántase unha columna circular cun biface, un ó leste e o outro ó oeste onde van os canos da auga. Nos laterais unhas figuras dunhas gárgolas ou sereas fantásticas que semellan botar auga pola boca.

Antigamente era unha fonte pública que servía para abastecerse de auga e a praza onde se sitúa era lugar de chegada dos transportes que traían xentes de tódalas comarcas do entorno.

Esta fonte ten uns servizos públicos no seu soto baixando nove chanzos dunha escaleira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.368456145951306
Lonxitude: -8.40496614575386
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84