
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vilaza (Santa María)
Lugar: Vilarés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construción pacega que posúe planta en U, levantada con pedra de cachotes en todos os seus muros excepto en esquinas e marcos de portas e ventás, que son de sillaría. Presenta muros de mampostería con perpiaño nalgúns lugares destacados (recunchos, recercados dos ocos, etc.). Posúe dúas grandes solainas, unha en cada planta, con arcadas. O acceso á planta principal realízase por unha escaleira que está situada no patio central, na nave da esquerda. O elemento máis destacado da fachada sur é a solaina, con once arcos. Tiña unha torre, hoxe desaparecida. Conserva o remate ameado. Son de salientar os brasóns da portada e un pombal circular realizado en pedra. Non tiña capela, senón oratorio no interior.
A historia deste pazo comeza en 1725, data na que o seu primeiro propietario, Domingo de la Fuente comeza a construcción. A o longo dos seus case tres séculos de historia foi obxecto de numerosas reformas, a máis recente na década de 1970, destinando os dous pisos a vivenda.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf
(p. 13-14)
http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_vilares.pdf
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1191597336Lonxitude: -8.77367198467
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Marián Santiago says:
Xuñ 22, 2016
El pazo de Vilarés, a la venta por 4 millones. Nova do 22 de xuño no Faro de Vigo.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/06/22/pazo-vilares-venta-4-millones/1484748.html