Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: Fillaboa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
As orixes desta ponte son romanas, pero foi levantada de nova traza no medievo. A ponte servía de paso sobre o río Tea para a Vía XX que unía Asturica Augusta con Bracara Augusta. Porén, a actual traza da fábrica corresponde construtiva e estilísticamente ao século XV. Se ben é certo, outra das reformas importantes que sufríu foi no século XVII con motivo da Guerra de Restauración portuguesa. Os diferentes embates obrigaron á súa reconstrución en varias ocasións e a de 1615 foi unha das que tiveron maior incidencia. Como praza forte fronteiriza, Salvaterra constituía un punto estratéxico. Esa particularidade convertiu á ponte (entrada á vila) nunha peza clave tanto para as comunicacións coas restantes fortificacións da ribeira do Miño, como nun obxectivo do exército portugués que chegou a ocupar Salvaterra en 1643.
Foron os sucesos da guerra con Portugal os que motivaron a fortificación do espazo próximo á ponte para impedir o paso cara Tui. Así, nas súas inmediacións levantouse por orde do capitán xeral de Galicia unha serie de pequenos recintos fortificados, que a día de hoxe están parcialmente destruidos e resultan case inperceptibles.
Formalmente, a ponte de Fillaboa, cunha lonxitude de case 70 metros, presenta rasante alombada e fábrica de sillería granítica. A súa estrutura componse de catro luces de diferente tamaño e tipoloxía. Tres arcos sobre o curso do río, sendo o central, de medio punto cun lixeiro apuntamento máis acho e alto que os laterais oxivais, e por último un arco apuntado como aliviadeiro para as enchentes invernais nun dos extremos. A arcada central descansa sobre dous grandes tallamares augas arriba e a calzada, dun ancho aproximado de 2 metros e medio conserva o empedrado.
A súa apariencia é a dunha mole bastante compacta a pesares das súas grandes luces.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os seus tallamares presentan grandes fendas que poden comprometer a súa estabilidade.
Onde está localizado
Latitude: 42.08452842522718Lonxitude: -8.518459796905518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 5, 2013
Suponse que a ponte tiña un 5º arco, o cal foi tragado pola finca “Granxa Fillaboa”, á que daba acceso. Hoxe consérvase alí unha das portas de entrada a esta finca, que foi en tempos propiedade do Marqués de Valladares.
Oscar Franco says:
Nov 11, 2014
Boas novas para este ben que se atopa nun estado regular:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/11/11/cultura-restaurara-puente-medieval-fillaboa/1129423.html