Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Arbo
Parroquia: Sela (Santa María)
Lugar: Cotarelo - Fontecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Vinculado ao regato de Lamas, trátase dunha construción de planta rectangular con muros de cachotería e perpiaños de granito baixo cuberta a dúas augas. O seu acceso faise a través de escadas e nunha das caras presenta dúas xanelas bastante grandes en comparación coa meirande parte de muíños.

Como característica deste muíño, resaltar a particularidade do oco do inferno que presenta un arco de medio punto lixeiramente peraltado.

A construción levántase nunha pendente á beira da estrada que sube ata Eidos de Arriba.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARBO/documents/0710CA008.pdf (p. 13)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.09975085874949
Lonxitude: -8.352516889572144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84