Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vilaza (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta igrexa foi reconstruída no século XIX, partindo doutra de menores proporcións. É dunha soa nave de planta rectangular e con ábsida, tamén rectangular, con máis altura que a nave. No lado norte engadíuselle a sancristía.
A fachada oeste, de 1821, está flanqueada por dúas pilastras que rematan en volutas estilizadas con pináculos. A portada ten arco alintelado, adórnase con recercado destacado e está acobadada. Enriba da porta hai unha cartela coa seguinte inscrición:
ESTA FRONTERA Y CAMPANA SE HIZO A EXPENSAS DE D. JULIÁN GARCÍA Y GONZÁLEZ,
NATURAL DE ESTA PARROQUIA. AÑO DE 1824.
E a continuación unha fiestra tamén moldurada e acobadada.
A fachada cóbrese con espadana central de dous ocos no seu primeiro corpo e rematada con frontón curvo moldurado e dous pináculos, e sobre el un cono pétreo cunha cruz metálica. Todas as fiestras presentan recercado exterior e abucinamento para o interior. Os paramentos laterais remátanse cunha cornixa lineal de pedra moldurada. As bóvedas son de canón na nave e de aresta na ábsida. Un gran arco toral do medio punto separa a nave do presbiterio. Sobre as pilastras do paramento exterior na fachada sur ten gravadas unha cruz cos extremos dos brazos rematados en círculo.
A capela maior ten superior altura cá nave e posúe cuberta a catro augas apoiada nunha cornixa perimetral de distinta factura á da nave, feito que podería ser consecuencia das distintas etapas construtivas ou reconstrucións sufridas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf (p. 12)
http://www.minhor.org/xeiras/calendario/872-xeira-do-iem-ao-pazo-de-barreiro-e-a-sua-contorna-na-parroquia-de-vilaza

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1181291472
Lonxitude: -8.76361638308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84