
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: A Texosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro sobre unha base cúbica, que sirve de sustento a un peto de ánimas. Nesta base existe unha inscrición que reza o seguinte:
“AqI MVRIO
ANTONIO JOSE
CARBALLIDO
PORTVGVES
AÑO Ð 1832”.
O fuste é octogonal, e no lateral ten unha serpe e unha mazá, en alusión ao pecado orixinal. Capitel moi labrado. A cruz é de sección cuadrangular. No anverso ten unha talla de Cristo, de gran tamaño. No reverso unha talla da Dolorosa.
O peto de ánimas é de caste semiaberta, adosado ao cruceiro. Foi recentemente restaurado, por ter sido derrubado nun accidente de tráfico. O seu retablo é de pedra policromada, unha reixa de ferro protexía as figuras (a representación do Purgatorio cubría toda a fornela) e o caixón das esmolas. En dúas ringleiras preséntanse dúas almiñas na superior e tres na inferior. Nun medallón existente enriba do fornelo se pode ler:
“Hermano que vas pasando mira que penando estamos, para alivio nuestro vuestra limosna esperamos”.
O cruceiro sitúase no lugar onde os representantes comarcais facían os tratos veciñais e resolvíanos conflitos derivados dos lindes de propiedades entre os séculos XVI e XVIII, de aí o seu nome.
Forma parte do Camiño Real, cara a Compostela, por Gondomar.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (p. 12)
http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_manufe_cruceiro.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/360210601.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA-FRAGA, Salvador: Historia da comarca do Val Miñor (Bayona, Nigrán, Gondomar). Colección Etnográfica Galega. Volumen IV, páxinas 147-152.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA-NÚÑEZ, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. Ir Indo. Colección Raigame nº 13. Vigo, 1998 (Páxinas 134-135).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA-NUÑEZ, Estanislao: Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. 1997 (Páxina 82)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel; MOSQUERA VELEIRO, José Luis; SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso; SOLIÑO TRONCOSO, Antonio: Gondomar. Historia, Arte y Territorio. Ir Indo Edicións. Vigo, 1995.(Pp 212 e 224)
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñorán
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase nunha encrucillada de camiños con moito tráfico. Non fai moito un vehículo estragou parte do cruceiro.
Onde está localizado
Latitude: 42.1118507632Lonxitude: -8.7737980485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 24, 2015
O cruceiro volve ser noticia. Un coche fai estragos no cruceiro.
Noticia do 22 de novembro de 2015:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/11/22/emblematico-cruceiro-manufe-desploma-embestirlo/1355863.html
Oscar Franco says:
Mai 22, 2017
A prensa escrita e dixital do 21 de maio de 2017 recolle a nova da recuperación deste cruceiro, logo de ser derrubado por un vehículo no ano 2015:
https://valminortv.com/2017/05/20/o-cruceiro-do-acordo-loce-de-novo-en-manufe/
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/05/21/gondomar-recupera-cruceiro-do-acordo/1683163.html
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/cruceiro-do-acordo-vuelve-manufe-18-meses-despues/20170521013930589705.html