Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: A Moreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de estilo barroco. Mostra unha planta de cruz latina e bóveda de canón na nave principal, aínda que é probable que nun principio tivese planta lineal, rematada nunha capela maior. No ano 1722 a igrexa é reformada engadíndolle o cruceiro, as naves laterais. Na fachada, sobre a porta de acceso, hai unha fornela coa imaxe policromada de San Vicente, o patrón da parroquia. No treito superior atopamos unha cúpula coroada por unha curiosa cruz abrazada polo relevo dunha persoa (ver Tradición Oral).

A liña barroca da igrexa apréciase polo traballo dos canteiros na ornamentación coa que labraron a pedra, como é o caso das pilastras que flanquean a fachada principal.
No interior destacan polo seu traballo artístico os dous púlpitos coroados por tornavoces decorados, e de maneira moi especial os retablos barrocos da ábsida, sostido por seis atlantes distintos en similar posición e adicado ao patrón; e os retablos e San Brais e o da Virxe do Carme.
Destaca tamén o Cristo Resucitado e o San Vicente, obras do XVII e XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a tradición que, de tan satisfeito tras ver o traballo, o mestre canteiro da portada, de orixe portugués, quixo deixar constancia de si e autorretratouse coroando o cupulín da torre do campanario mentres porta unha cruz que serviu de base a un viraventos, hoxe desaparecido.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf (p. 1)
http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_manufe_igrexa.pdf

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1081029351
Lonxitude: -8.772341609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84