Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Marín
Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carmo)
Lugar: A Brea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aínda que de modestas dimensións para o habitual das residencias fidalgas, trátase dunha casa grande, solar da familia Gago de Mendoza. Aquí tivo a súa residencia José Benito Gago de Mendoza, e naceu o seu fillo Juan Antonio Gago de Mendoza, corsario e fundador das Alarmas do Morrazo durante a guerra contra o francés, e que será o fundador do veciño Pazo do Chirleu.
A casa, na parte visible, é de pranta rectangular, de aparello de sillar ou perpiaño, cunha fachada moi simple: unha porta principal (tapiada), sobre a que se abre unha balconada de pedra apoiada en pequenos canzorros, flanqueada á dereita por unha ventá. Como única decoración, hai dúas gárgolas en forma de canón rematando cada canto da fachada, (hoxe case invisíbeis pola vexetación) e o escudo de armas, no lado dereito, semioculto pola edra.
No interior da finca consérvase aínda un hórreo de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O pazo é hoxe unha lamentable ruína. O teito derrubouse completamente, e só fican algunhas trabes en moi mal estado. O interior está completamente invadido pola vexetación, así como a fachada. As portas están tapiadas, e desapareceron algúns elementos, como a baranda (presumiblemente de ferro) do balcón.
Onde está localizado
Latitude: 42.373613235635716Lonxitude: -8.724431991577148
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 18, 2014
A referencia deste pazo no PXOM do Concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca004.PDF