Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: A Moreira
Outra denominación do ben: Pazo de Mendoza
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo da Escola foi fundado no século XVIII por Policarpo de Mendoza, deán da catedral de Santiago e Cabaleiro de Carlos III. de trazas barrocas e recentemente restaurado, a edificación ten forma de U cunha á pouco desenvolvida, con bodegas e cortes, así como patio interior e soportais pétreos. Na primeira planta atopábanse as dependencias de vivenda, conservándose a cheminea orixinal, de gran beleza e considerables dimensións.
Os ocos presentan unhas dimensións maiores que á xeneralidade dos pazos similares; no lateral leste da ala norte presenta un grande brasón coas armas dos Mendoza.
Toda a finca está valada cun muro de 2 metros de alto aproximadamente; polo lateral sur, e lindante co camiño, existen dúas portadas de acceso: unha de pequenas dimensións e a segunda, que é a principal, situada á dereita da anterior.
No exterior do edificio atopamos unha eira de pedra cercada e pavimentada para mallar o trigo e outros cereais.
Así mesmo, posúe un hórreo de grandes dimensións, cun reloxo de sol na parte superior nun bo estado de conservación.
Na década dos sesenta do século XX o pazo estivo dedicado a unha academia coñecida polo nome de San Vicente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf
(pax. 2)
http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_manufe_pazo_escola.pdf
http://www.pazodaescola.com/index.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñorán
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1080293095
Lonxitude: -8.77331256866
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84