Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: A Moreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dunha construción octogonal feita a base de perpiaño de granito e a que se accedía por unha sinxela escaleira metálica, que hoxe non conserva. Posúe unha pequena porta para entrar no soto. Este ten luz natural que entra por unhas pequenas xanelas en forma de óculo con cruceta.
Nun dos seus lados atopamos unha placa de mármore coa data de construción do palco: 1924.

O palco FOI sufragado polo indiano local Leopoldo Pérez Alonso e se atopa no adro da igrexa parroquial de San Vicente de Mañufe (http://patrimoniogalego.net/index.php/36755/2013/03/igrexa-de-san-vicente-de-manufe/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (p. 4)
Mañufe

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
PEÑA SERNA, José Manuel e FERNÁNDEZ RUÍZ, José Carlos (1985). Palcos da Música. Consellería de Educación e Cultura. Dirección Xeraldo Patrimonio. Servicio de obras e restauracións. Santiago de Compostela.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.108031299343
Lonxitude: -8.7729021906853
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84