Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Niñóns (San Xoán)
Lugar: Niñóns - O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo sen plataforma e con pedestal cuadrangular achafranado. O varal é circular e leva unha mesa acaroada a el. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados que ademais ten volutas, follas e querubíns. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza lixeiramente ladeada á dereita sen coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. Nos laterais da cruz están as imaxes dun Bispo e de San Francisco. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación. Está bastante erosionado e ten moito lique pegado na cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Vol. III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECESO/documents/0309CA006.pdf (P. 5)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.48)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2897681493
Lonxitude: -8.89556229115
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84