Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Tui
Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)
Lugar: A Corredoura
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Pequena edificación da arquitectura industrial de transformación da madeira realizada en cachotería de granito, de planta rectangular, e que presenta un muíño acaroado ao costado norte. Así mesmo organízase en alzado mediante planta baixa e un primeiro andar con cuberta a dúas augas. No muro norte ábrense dous vans correspondentes a unha porta e xanela, mentres que no lado oeste posúe unha gran xanela rectangular para o primeiro andar e un van para o faiado. No muro norte aparece acaroado un muíño ao nivel do piso baixo e pódense observar ocos nos que iría encaixada a nora.

A forza motriz para o mecanismo sería proporcionada pola auga desviada do río Furnia a través dunha canle que aínda hoxe leva auga.

Está a escasos metros augas abaixo da Ponte da Corredoura. A súa situación actual é de ruína, conservándose únicamente os muros exteriores cubertos de vexetación ao igual que o interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA107.pdf (p. 60, ficha 409)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.04548534234286
Lonxitude: -8.697376549243927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84