Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Oia (San Miguel)
Lugar: Canido, 217 - 219
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de dúas alturas construído en pedra. Unicamente a súa fachada recolle un interese arquitectónico pola súa tipoloxía, datable na primeira metade do século XX. O seu fronte aparece dividido en rúas verticais que alternan grandes ocos de iluminación con entrepanos graníticos. Uns e outros aparecen ordenados de maneira vertical e equidistante, aparecendo rematados en altura por un peitoril de coroación opaco e desornamentado, apuntado por edículos de remate triangular que sobresaen en altura a xeito de ameas. No ángulo da edificación que delimita o acceso a unha rúa estreita, o arquitecto deseña un chafrán que se resolve seguindo o mesmo patrón utilizado no resto da fachada. No ángulo oposto sitúase un edificio de tres alturas que acolle as oficinas da planta e unha vivenda.
Sobre o portalón de acceso sitúase un pano cerámico que acolle unha escena mariñeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca004.pdf (p. 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nestes intres (marzo 2013) o inmoble atópase en fase de derrube.


Onde está localizado

Latitude: 42.1929343719322
Lonxitude: -8.797954022884369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84