Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico, Ponte,
Concello: Tui
Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)
Lugar: Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situada no antigo camiño de Tui ao mosteiro de Pexegueiro, esta ponte salva o río Furnia formando un conxunto etnográfico e paisaxístico co muíño que se atopa nas inmediacións.

Presenta unha traza semellante á da ponte do Mosteiro, situada a case un quilómetro de distancia aproximadamente augas arriba. A súa fábrica é de granito e nela ábrense dous arcos de medio punto cunha luz aproximada de 2 metros. Na cara augas arriba sobresae un pequeno tallamar que está unido a un conxunto de pedras que delimitan o leito en dúas canles. Se ben, diferénciase da anterior en que a súa rasante é plana, carece de peitoril e nun dos extremos presenta un pequeno van alintelado que funciona como aliviadeiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA110.pdf (p 22, ficha 708)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O tallamar tivo de ser grapado por risco de desprendemento dos perpiaños a causa das enchentes do río.


Onde está localizado

Latitude: 42.03338074739283
Lonxitude: -8.694809675216675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84