Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Noia
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: Ponte de San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A capela enmárcase cronoloxicamente dentro do primeiro terzo do século XX. Presenta nave rectangular e con sancristía acaroada á capela maior. O exterior presenta muros de mampostería encalados de branco, agás o remate de vans e esquinas que van de perpiaño cuadrangular de granito. A cuberta é a dúas augas e con tella do país. Na fachada principal leva porta rectangular e enriba dela unha fornela rematada en arco de medio punto onde vai unha imaxe da Virxe, e un pouco máis arriba unha ventá rectangular para dar luz ao interior do templo. Remátase cunha espadana, formada por dous corpos superpostos cunha arcada cada un deles e con adorno de grilandas de follas e froitas. Dentro ten un retablo de pedra que representa a batalla de Clavijo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.76631224135271Lonxitude: -8.883111476898193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84