Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: A Igrexa - Rúa Mestre Goldar, 16
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro consta dunha base formada por catro chanzos cuadrangulares. Sobre estes disponse a base propiamente dita do varal do cruceiro. Este baseamento ten unha inscrición coa data da súa construción: “1880”. O fuste tamén é cadrado, sen decoración. Remata nun capitel que, en cambio, está decorado con catro rostros humanos, separados nas esquinas por catro formas foliadas rematadas en volutas na parte superior. A cruz presenta unha crucifixión no anverso e unha figura da Virxe soa no reverso. O Cristo ten unha elaboración pouco traballada en expresividade artística. A virxe está completamente apegada á pedra, con pouca volumetría e naturalismo. Destacan os pregados verticais da súa roupaxe, xunto coa serenidade da súa expresión.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.07.001_C – páxina 47)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca017.pdf (p. 7, ficha A_156)
http://xosecounhago.com/?p=34
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605713.html

BIBLIOGRAFÍA
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.210675723332
Lonxitude: -8.7257261574268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84