Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: A Costa
Outra denominación do ben: Cruceiro da Galindra
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Cruceiro da Costa posúe tres gradas cuadrangulares e base cúbica cos lados recortados. Nas catro caras do baseamento pódese ler a seguinte inscrición:
HESTA OBRA
HIZO FR. LOREN
GABRIEL BIELA PR
DE ESTAEI ASIA
DE L ABITO DE SAN AN
A SU DEBOCION
ANO 1641
A columna é de sección cuadrangular na parte baixa, para finalizar octogonal. Posúe dúas pequenas peañas con representacións de santos: no lado occidental está San Francisco co lobo e no lado do nacente, San Lourenzo coa grella do martirio na súa man. No capitel hai unha abundante decoración en ámbolos dous lados, con volutas nos seus ángulos: no lado do poñente está a cruz de Malta que segundo o historiador Espinosa Rodríguez é a cruz da orde de San Xoán á que o doador pertencía; no sur, existen cinco cunchas xacobeas; no nacente unha árbore e dous animais enfrontados, a representación do Sol, a Lúa e varias estrelas; e no seu lado norte, unha cruz grega e outros dous animais enfrontados.
Finalmente a cruz é lisa e cuadrangular. No anverso represéntase a Cristo crucificado con tres cravos, pernas flexionadas e a cabeza caída ao costado dereito. No reverso, a imaxe da Virxe sostendo o corpo de Cristo cunha man e debaixo dela podemos ver un querubín. Entre o capitel e a cruz pódese ver un anel de ferro que debeu de suxeitar no seu tempo un farol.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición sobre este cruceiro fala de que os enterros pasaban por alí e se detiñan un momento nese lugar.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINA WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.07.001 – páxina 82)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360570701.html
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007_08_01_archive.html
BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso Daniel. (1950). As cruces de pedra na Galiza. Editorial Nós.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2010). Cruceiros, cruces e petos de ánimas do Val do Fragoso. Actas do IIº Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de Pedra. Ed: E F. de la Cigoña.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2113958824Lonxitude: -8.72399881482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84