Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Tui
Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)
Lugar: O Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

O Muíño do Pontillón, da tipoloxía de rodicio, presenta planta cuadrangular con muros de cachotería e cuberta a dúas augas con tella do país. Como singularidade, o cumio do tellado está rematado con sobrepena no muro onde está a entrada, mentres que no oposto remata directamente con tella. Para o seu funcionamento emprega a auga do río Furnia, que é desviada por unha canle de considerable lonxitude e cauce con respecto ás dos outros muíños do Furnia situados augas arriba.

No seu interior, de intenso arume a fariña, atópase toda a maquinaria necesaria para a moenda, aínda que algúns obxectos para a mesma son adaptacións modernas.

O máis particular deste muíño é que resulta ser o único da parroquia de Pexegueiro que aínda segue moendo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA110.pdf (p 36, ficha 728)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Baixo a cuberta dispúxose unha placa de formigón que altera a imaxe tradicional do interior do muíño.


Onde está localizado

Latitude: 42.03058758827553
Lonxitude: -8.695904016494751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84