Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: -- / Val do Dubra
Parroquia: Paramos (Santa María)
Lugar: Paramos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

De estilo románico rural galego do século XIII. Nave e ábsida de planta rectangular. No testeiro ábrese unha pequena ventá con columnas e unha ancha arquivolta axedrezada, sobre o piñón da ábsida hai unha cruz sinxela e no da nave outra máis traballada inscrita nun círculo. Os laterais ornaméntanse con ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.

Pedro Lorenzo fundou unha capela con advocación a San Pedro , que no ano 1586 herdaría Inés Ardeleiro
A sancristía é de época posterior, posiblemente de cando foi restaurada no ano 1646. No 1741 tiña a bóveda da capela maior pintada e o corpo da igrexa faiado.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Cruceiro:
Ten unha cruz rectangular con brazos con chafláns e remates florenciados con botón central.
Aparecen figuras de Cristo e A Piedade.
Capitel cúbico con follas e caras; fuste octogonal cadrado; base cúbica apoiada nun escalón de planta cadrangular.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA003.pdf (p. 5)
http://iglesiasvaldodubra-patinho.blogspot.com.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9902894
Lonxitude: -8.6865342
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84