Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Carnota
Parroquia: O Pindo (San Clemente)
Lugar: O Pindo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Macizo do Pindo érguese sorprendentemente sobre a costa próxima a Fisterra, entre os termos de Carnota e Ézaro, culminando a 627 m. no Pico da Moa. O Pindo é un macizo téctonico ,ou horts, constituido por granodiorita vermella de grandes cristais, rodeado polo mar e pola chaira granítico-xistosa do interior, situada a douscentos metros máis abaixo. Entre a flora destacar excepcionalmente o quercus lusitanica ou carballo anano, especie en perigo de extinción e que forma parte dende o 2007 da flora ameazada. Tamén unha gran variedade de xestas , ericas (carrouchas)e fentos, loureiros, prunnus (abruños), pinos de Monterrei, carballos, sanguiños e acivros entre outros.Unhas das plantas máis vistosas son as xanzás de primavera (Genciana Verna) coa súa bonita flor en forma de trompeta azul.
Da súa abundante historia están os testemuños da súa rica toponimia: Onde se Adora, Os Casteliños, A Calzada, A Cova da Xoana, o Chan de Lourenzo entre os máis coñecidos. Os impresionantes Monte Penafiel (coa inscrición na pedra “Reis Obispos Presbíteros todos por poderes recibidos de Deus Excomulgaron aquí”) , e O Pedrullo, posibles fortalezas medievais, así como o resto de varias murallas, e outras construcións, as cales habería que estudiar máis detidamente. O Pindo está considerado un Lugar de Importancia Comunitaria prioritaria, pola directiva 92/43/CEE dos seus estados membros. Hoxe varias asociacións, na que destaca a Asociación Monte Pindo Parque natural, desenvolven as accións necesarias para que sexa declarado Parque natural.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
As Montañas De Galicia, Enrique Vélez Barrio. Mª Carme Pereiro
Edicións Xerais de Galicia,S.A. ISBN: 84-7507-763-5
http://www.montepindo.org/
http://opindomeu.blogspot.com/2011/07/o-carballo-anano-do-monte-pindo.html
A incrición de Montefiel podes vela: http://www.quepasanacosta.com/content/view/1621/26/
Proposta de Ulmo de Arxila :Cores Trasmonte, B. (dir.) (1999): Historia de Cee. Cee: Concello de Cee.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8887313121Lonxitude: -9.11298751831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
9 comentarios
adela suma says:
Ago 16, 2011
Aparentemente (a calidade dos planos é mala) o Monte Pindo ten unha especial protección paisaxística nas N.S.P. (1996) vixentes:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108PBZ01.jpg
na actualidade estase a redactar un PXOM que terá que ter en conta ademais o Plan de Ordenación do Litoral (xa aprobado definitivamente), que sinala o Pindo no sector costeiro da Costa da Morte e analiza todos os seus elementos formais:
http://www.xunta.es/litoral/
Ulmo de Arxila says:
Ago 17, 2011
Gostava de achegar umha referência bibliográfica de utilidade:
Cores Trasmonte, B. (dir.) (1999): Historia de Cee. Cee: Concello de Cee.
Contém artigos específicos sobre a paisagem e as tradiçons do território em que se encontra o município de Cê, com referências concretas ao monte Pindo.
Manuel Rial says:
Xan 13, 2012
Asina a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural!
http://actuable.es/peticiones/a-prol-da-declaracion-do-monte-pindo-como-parque-natural
elixiovieites says:
Dec 6, 2012
Para ler un pouco sobre O Pindo e as súas lendas:
http://oblogdefernandosalgado.blogspot.com.es/search?q=pindo
elixiovieites says:
Dec 6, 2012
E para estar ao día en todo o que afecta ao Monte Pindo o magnífico traballo de:
http://www.montepindo.org/
elixiovieites says:
Feb 10, 2013
O Pindo no século XVIII. Moi interesante
http://www.montepindo.org/2013/02/como-era-o-monte-pindo-en-1724.html
Tamén
http://www.montepindo.org/2012/01/o-castelo-de-penafiel.html
Elixio Vieites says:
Xuñ 29, 2013
Fósiles no Pindo. Un video feito sobre o achado de Marisa Vázquez Ares, a 300 metros de altura no monte Pindo, dun conglomerado repleto de fósiles. O vídeo está moi ben feito e é moi interesante para os amantes da ciencia e da natureza. Os autores van destapando cunchas fosilizadas, que quedaron formando parte do granito e aínda conservan a súa forma. Parece que por aquí sempre foi mar, con centos de millóns de anos polo medio.
https://vimeo.com/66480284
Temén se pode ver algo sobre a meneira en que se forman estes fósiles en
http://carolusdixit.wordpress.com/2011/05/27/fosiles-en-el-granito/
pablo fernández ans says:
Ago 21, 2024
Publicouse no ano 2022 o interesante libro: “TESOURO ESPELEOLÓXICO GALEGO”. Clube Espeleolóxico Maúxo, Alba Cid. Ed. ACENTRAL FOLQUE,2022, con numerosas referenzas bibliográficas ó Monte Pindo.
http://www.folque.com/01.140415wp/tenda/rupestre-sonoro/tesouro-espeleoloxico-galego/
pablo fernández ans says:
Ago 21, 2024
“Os nomes da nosa terra”, é un proyecto de la Asociación Sociopedagóxica Galega, consta de 6 documentais, o nº 6 é do Monte Pindo.
https://www.youtube.com/watch?v=tHb7z36fnzg