Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Castro de Rei / Terra Cha (comarca)
Parroquia: Castro de Rei (San Xoán)
Lugar: As Samesugueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O conxunto etnográfico de Samesugueiras está formado por unha fonte e un lavadoiro. A primeira disponse no noiro da ampliación do camiño do mesmo nome. Posúe un cano metálico que sae do depósito pechado cunha contra de madeira. Na finca contigua está o lavadoiro, lastrado e cuberto con lousas do país.

O conxunto está na saída leste da vila, entre o cuartel vello e o río Azúmara. A súa limpeza e acondicionamento correu á conta do colectivo local Asociación Amigos da Feira, que deseñou unha ruta de sendeirismo dende o Castro de Viladonga e a capital municipal que pasa polo lugar. Hai sinalización sobre soportes de pau.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.20414352607736
Lonxitude: -7.397918701171875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84