Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Castro de Rei / Terra Cha (comarca)
Parroquia: Santa Locaia (San Pedro)
Lugar: Monte da Escrita
Outra denominación do ben: Monte da Escrita
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Un camiño en liña recta sae da igrexa parroquial de Santa Locaia cara ao cume do Monte da Escrita. Na marxe esquerda están chantadas as 14 estacións dun Viacrucis modernista de pedra con placas de bronce que ilustran as etapas da Paixón de Cristo. Erixíronse en 1943 por subscrición popular. No alto está o Monumento ao Sagrado Corazón construído no 1931. Ao seu carón hai unha pequena área recreativa, da que se teñen boas vistas sobre a Terrachá até o Xistral, en función do grao de crecemento das repoboacións de piñeiro e eucalipto que arrodean o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O Via Crucis foi vítima de ataques vandálicos no 2011, con grande indignación por parte dos viciños. É unha zona illada e arborada difícil de vixiar. http://elprogreso.galiciae.com/nova/98131.html?lang=gl


Onde está localizado

Latitude: 43.213390251
Lonxitude: -7.41204857826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84