Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Nogais
Parroquia: Doncos (Santiago)
Lugar: Doncos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo consagrado no ano 1610 e sufragado polos devanceiros do conde de Ayala e Monterrei, señores de Doncos. Ten planta rectangular con nave cuberta en lousa a dúas augas, presbiterio de maior altura cuberto con bóveda de aresta. No interior, retablo maior coa imaxe de Santiago peregrino. A imaxe orixinal do patrón desapareceu a finais dos anos sesenta do pasado século. A capela lateral posúe unha inscrición do ano 1628 e ten un arco rebaixado, bóveda de canón e un retablo barroco no interior. No ano 1809, a raíz do asalto das tropas napoleónicas á vila, sufriu grandes danos. A torre acolle un reloxo colocado no ano 1904, sen motor ao que lle hai que dar corda todos os días e cun sistema que axuda a predicir os fenómenos meteorolóxicos. O cemiterio parroquial arrodea o templo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf (p. 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.783992128067524
Lonxitude: -7.100193500518799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84