
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: As Nogais
Parroquia: Doncos (Santiago)
Lugar: Doncos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Pazo de Doncos, de estilo neoclásico, data do século XIX. De planta rectangular con dúas alturas e soto, posúe cuberta a catro augas con chemineas de corte barroco. Na fachada pódense ver unhas inscricións nos linteis e unha pedra armeira. No interior salienta a súa escaleira de acceso ás plantas superiores. Foi practicamente destruído durante a invasión francesa no ano 1809 e logo reedificado. Dentro dos muros que arrodean o pazo hai tamén unha capela exenta cunha inscrición do ano 1832 e retablo neoclásico no interior, un hórreo e un pombal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf (p. 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78081484566941Lonxitude: -7.098584175109863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 22, 2016
Na porta principal de acceso a esta edificación podemos ver unha cartela coa seguinte inscrición: “MARIA,IHS José-1797.
Cruzando a porta vemos un patio con tres grandes arcadas.
En relación á capela, dicir que está formada por tres corpos. No lintel da porta de acceso podemos ver unha inscrición que di: “J B M a la Madre de Dios, 1832”.
Posúe un retablo neoclásico no que destaca unha pintura ao óleo da Purísima Concepción con dous santos aos lados.
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
Yebra de Hares, Antonio Benito. PAZOS Y SEÑORÍOS DE LAPROVINCIA DE LUGOS. Servicio de publicaciones Diputación Provincial Lugo. 1999.