Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Guitiriz / Terra Cha (comarca)
Parroquia: San Breixo de Parga (San Breixo)
Lugar: Santo Alberto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Á beira do río Parga e do Camiño Norte cara Santiago de Compostela atópase este templo de estilo gótico feito a base de boa pedra de cantería. Ten planta rectangular e tellado de lousa a dúas augas. Obsérvanse restos dunha antiga construción románica no que destacan os canzorros da cornixa do tellado e oito contrafortes exteriores dos muros. A fachada é do século XVIII con porta alintelada e carente de decoración rematada no cume cunha espadana dun só oco. No muro da cabeceira amosa unha ventá alongada con arco oxival, enmarcada en columnas acobadadas con columna central coroada con estrela de David no centro, e con dous pequenos arcos de medio punto cara os laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1714246664
Lonxitude: -7.79473006725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84