Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Laracha / Bergantiños (comarca)
Parroquia: Soandres (San Pedro)
Lugar: O Priorato
Outra denominación do ben: Igrexa de Soandres
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fundación do Mosteiro de San Pedro de Soandres está datada no século X. Porén, os edificios que se conservan son posteriores. Así, a igrexa, de planta basilical, posúe ábsidas góticas poligonais e tres naves barrocas. O exterior, tanto laterais coma fachada, é moi sobrio e macizo, esteado con contrafortes. Os restos do mosteiro, contra o sur do templo, son dos séculos XVII-XVIII. Na actualidade albergan a reitoral.

No interior, nas ábsidas laterais posúe baldaquinos do século XVIII que albergan as imaxes de Santa Marta e Santa Lucía. O altar maior e a imaxe do titular, San Pedro, son de factura neoclásica e están datados a principios do séxulo XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Nas ábsidas laterais posúe baldaquinos do século XVIII que albergan as imaxes de Santa Marta e Santa Lucía. O altar maior e a imaxe do titular, San Pedro, son de factura neoclásica e están datados a principios do séxulo XIX.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA002.pdf
http://www.concellolaracha.com/ca/upload/des/23-a-catalogopatrimonio.pdf (pp. 3, 9, 15)
http://www.concellolaracha.com/ga/web/galeria.php?ide=30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.22790291033666
Lonxitude: -8.49169135093689
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84