
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Serantes (San Xián)
Lugar: Suviña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro da Vixía está situado no cume dun pequeno outeiro a uns 97 metros de altura sobre o nivel do mar. Trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas duns 145 metros de diámetro. O recinto principal ou croa ten unhas medidas de norte a sur duns 75 metros por uns 66 de Leste a oeste, abarcando unha superficie duns 3600 metros cadrados do total do castro que veñen sendo de 1,75 hectáreas. O recinto principal está defendido por un parapeto que acada os tres metros de altura cara ó exterior, e no segundo recinto ou terraza, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un parapeto de 1,5 metros de altura chegando os dous por algunha zona. O acceso ao recinto interior realízase pola parte sur e a da segunda terraza non está moi definida a súa entrada orixinal entrando hoxe en día igualmente polo sur.
Hai varias vivendas e fincas que afectan parcialmente a segunda terraza do recinto pola parte leste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15058003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca513.pdf (pp. 5-6)
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (Páx.6).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca513.pdf (Páxs,5-6).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3928164458Lonxitude: -8.33492159843
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Nemigo says:
Ago 6, 2016
En 2016 o concello de oleiros desbrozou un camiño duns 2 metros de ancho ata a croa do castro onde puxeron un fito de sendeirismo (poste informativo)