Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Cortegada / Crecente
Parroquia: Filgueira (San Pedro) / Cortegada (Santa Maria)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Ponte realizada para salvar o río Miño na estrada entre A Cañiza e Xinzo de Limia e que une os municipios de Crecente e Cortegada. Trátase dunha ponte metálica de vigas en celosía, unha tipoloxía construtiva moi habitual a finais do século XIX e principios do XX e con numerosos exemplos en Galicia: Ponte Internacional de Tui, Viaductos de Redondela, ponte de San Clodio, etc.

O viaducto mistura dous materiais, o ferro e o granito, e dependendo do material configúranse dous tipos de vans. En sillería de granito realízanse os estribos abovedados que presentan tres arcos de medio punto. Por outra banda, o taboleiro metálico ocupa o van central, sendo unha estrutura prismática cuadrangular contínua de vigas de celosía cunha luz de 48 metros.

Recentemente foi substituída por unha nova ponte, aínda así continúa en uso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2131987273671
Lonxitude: -8.1903076171875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84