Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Camposanto,
Concello: Noia
Parroquia: San Martiño
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Foi construída polo arcebispo francés de Santiago de Compostela, Don Frei Berenguel de Landoira a partires dunha pequena igrexa existente no lugar dende o século XI. A disposición daquela igrexa corresponderíase co actual cruceiro da nave e próxima ao altar. De aí xurdiría o nome de Santa María a Nova. As obras rematáronse no ano 1327.
A remodelación e ampliación incorporaría os típicos arcos apuntados en portas, ventás, muros exteriores, onde serven para acoller sartegos, e no interior para soster a cuberta de madeira. A fachada do templo presenta sobre a porta principal un tímpano policromado que representa a Adoración dos Magos. Na banda esquerda da fachada existe baixo unha arcada apuntada un sepulcro moi erosionado e unha fiestra protexida por reixas, e tres máis pola parte exterior do muro do Evanxeo, baixo arcadas de tradición gótica.
O seu interior de estilo románico, pero con claras tendencias oxivais presenta unha soa nave ampla e dividida en catro tramos afastados por arcos apuntados.
O cimeterio de Santa María ocupa unha superficie de 4.276 m. cadrados e é sen dúbida un dos máis importantes de Europa pola significancia das obras que nel se conteñen. A igrexa acolle no seu interior o Museo das Laudas Gremiais. A cronoloxía das laudas é moi ampla, arranca do século X ata o XIX. O grupo máis numeroso pertence a idade media, e divídese en sepulcros de fidalgos, profesionais, gremiais e laudas mariñeiras.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

O Cemeterio de Sta. María a Nova, por Alvaro de las Casas, ed. facsimil, Edición e Estudio introductoria Xepe Torres. ISBN 84-87848-00-1
Noia: Unha vila histórica .Dende a orixe ata a edade moderna.Xerado Agrafoxo Pérez ISBN 84-398-9361-Z
Video moi interesante sobre Noia: Ponte Nafonso, Ponte de Traba, Pazos, Santa María a Nova, Laudas Gremias,San Martiño etc… http://www.youtube.com/watch?v=5J0m9O2XUqE


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7835393654
Lonxitude: -8.88580977917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84