Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Oia (Santa María)
Lugar: O Arrabal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa é moi sinxela. Consta dunha soa nave rectangular, e o presbiterio que é un corpo cadrado máis alto e ancho que a nave. Polo sur engadíuselle a sancristía ao lado do presbiterio. En todos os esquinais presenta un apilastrado sinxelo como apoio da cornixa en media cana que acolle o tellado. Este é a dúas augas na nave, e no presbiterio a catro, adornando os esquinais con pináculos e tamén o cumio.
A ábsida ten máis altura que a nave e a bóveda de cruzaría de pedra cos nervos moi resaltados e clave colgante.
A fachada occidental non ten máis adorno que as pilastras extremas, a cornixa que ascende e fai de base da espadana e unha fiestra rectangular de derrame externo para dar luz na tribuna e na nave colocada sobre a única porta de acceso.
A espadana é dun só oco e adórnase no seu remate con cruz pétrea e pináculo de bola extremos.
Conserva un retablo que ocupa o paramento da capela maior feito coa recuperación de elementos barrocos dun retablo anterior.
Na súa predela, catro ménsulas con adornos vexetais e un apoio para o sagrario que ocupa parte da rúa central.
O corpo divídese en tres rúas. A súa separación faise con catro columnas. As extremas son salomónicas adornadas de parra e acios de uvas. As internas son de clásicas, con separación por un anel no primeiro tercio, e adórnanse con follaxe e paxaros. Nas rúas laterais as imaxes apóianse en peañas e na rúa central unha fornela enmarcada e pouco fonda acolle a S. Xulián bispo e o relicario que contén un fragmento de tecido da urna sepulcral do mesmo, coma consta na auténtica. No ático outra fornela para acoller a Sta. Liberata e dúas peaña con santos.
Nun lateral da mesa de altar está unha fermosa imaxe barroca da Virxe do Rosario.
O adro está rodeado de muro propio e foi cemiterio.

Antigamente pertencía á parroquia do Rosal. En 1796 os veciños solicitan que se declare parroquia independente e en 1806 o Bispo Xoán García Benito eríxea como vigairía perpetua. Non se erixiu como parroquia e pasou a ser anexo de Oia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha A_027 – Páxina 51)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9660817067
Lonxitude: -8.87777656317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84