Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

A primitiva igrexa foi construída na 2ª metade do s. XII e parte do XIII. Pódese comprobar na inscrición dunha pedra reutilizada na fachada principal que recolle a data de 1278. A fachada principal está limitada por dúas torres rectangulares, que quedaron sen rematar. Comunícanse entre elas por riba do tellado e tamén por unha pasarela interior á altura do rosetón. A portada enmárcase con dous contrafortes. A porta, abucinada, é de tres arquivoltas adornadas con floróns e círculos, de directriz semicircular, apoiadas en tres pares de columnas monolíticas acodilladas nas xambas; e o tímpano, que é liso, apoiado en mochetas. Unha delas representa un touro e a outra está deteriorada. Os capiteis son de dobre orde de follas e as basas de perfil ático sobre plintos. Enriba da porta, e no eixo da fachada, presenta un rosetón (014) abucinado cara ao exterior. Remata esta fachada occidental en capias e no piñón unha cruz pétrea enriba do año.
A planta é basilical con tres naves e rematada en tres capelas absidais de planta rectangular. A central, cunha superficie dobre das outras, ten tres tramos formados por dous arcos apuntados de sección rectangular, que descansan nas pilastras, e outro arco faixón, que o fai en ménsulas. Aínda que polo interior están tapiadas, ten tres ventás no testeiro. Enriba delas aparece o arco de outra que foi cegada co muro de peche. As outras dúas capelas da ábsida teñen soamente unha ventá. Tamén tapiada. acodilladas, con capiteis de decoración vexetal e basas áticas. O plinto adórnase con
follas de seis pétalos.
A cuberta das tres naves é de canón corrido. Na parede da ábsida maior hai a seguinte inscrición:

“Este: Tesoro: Mando
facer Rodgô d. Tebra
Corregidor con Díos aya”

As naves divídense en seis tramos por medio de arcos faixóns apuntados que se apoian en piares cuadrangulares (015) con columnas entregas para apoio dos arcos formeiros. As naves laterais son máis baixas que a central, polo que as ménsulas vanse escalonando para alcanzar a altura debida. As columnas adosadas a cada unha das caras do piar rematan en capiteis de decoración vexetal, e teñen os ábacos corridos.
As catro pilastras do cruceiro teñen capiteis historiados con variada ornamentación:
axadrezados, dentes de serra, bolas e billetes, palmas, sesifolias, unha aguia a peteirar nun animal.
As doelas dos arcos interiores da igrexa decóranse coas marcas de gremios e oficios que participaron dalgún modo nas obras, ben co patrocinio ou na súa execución.
Polo lado norte hai unha ventá en cada un dos tramos da nave, sinalados polos contrafortes. No lado sur só se aprecian dúas delas, xa que as outras foron tapadas polas dúas capelas que lle adosaron.
A cuberta das naves é de estrutura de madeira.
A bóveda do coro é plana de pedra.
No lado norte conserva aínda unha serie de canzorros románicos, xunto con algúns de épocas posteriores.
Neste mesmo lado norte engadíuselle unha torre con ameado voado (018), dando un aspecto de fortaleza xunto coas dúas torres inacabadas da fachada principal.
No ano 1659 faise a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte. Segundo consta no arquivo histórico do Concello, esta obra foi sufragada polo correxedor da Vila, Francisco de Cabral.
En 1695 construíronse as capelas laterais.
A máis interesante é a do lado sur, a Capela do Rosario, polo seu estilo renacentista.
Presenta no seu exterior contrafortes de ángulo, levantados por tres ribancos. A cornixa conformáse de gola e listel prolongados na parte superior dos contrafortes.
No seu interior está cuberta de bóveda nervada, con nove claves de remate dos nervos cruceiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os traballos de restauración do retablo barroco levados a cabo a inicios do ano 2022 amosan a súa cobertura orixinal do século XVIII de máis de 20 quilates. (ver referencia bibliográfica). Dito retablo é obra do escultor Antonio del Villar.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BAIONA/documents/0712CA001.pdf

RESTAURACIÓN RETABLO MAIOR
https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/02/05/baiona-descubre-oro-anunciada-62330691.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.118027679259
Lonxitude: -8.8506352901459
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84