Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: San Pedro de Oza
Lugar: Oza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de San Pedro de Oza é un bo exemplo do románico rural galego. A igrexa posúe unha soa nave e unha ábsida rectangular, cuberta esta con bóveda de canón apuntada e unha sancristía apegada no lateral dereito da ábsida, rectangular e con teito a dúas augas. Na mesma ábsida posúe catro semicolumnas apegadas ós seus muros sobre os que descargan dous arcos tamén de directriz apuntada.
Resulta de grande interese a porta de acceso no muro lateral dereito que ollamos na segunda fotografía. Nela existe unha inscrición fundacional, coa data de 1121, no tímpano, cruz e rosetas sobre dúas ménsulas. A outra porta de acceso é a da fachada conservándose de tempos antigos e é de traza moi sinxela. Arriba desta porta hai un van de luz rectangular seguido por unha espadana de dous arcos de medio punto e unha cornixa que soporta un frontón triangular oco coroado por un pináculo e flanqueado por outros dous aos lados. Esta incorporación de elementos barrocos a igrexas de traza románica é moi habitual na arquitectura rural galega.
O interior do templo resulta moi interesante xa que se conservan elementos de gran valor artístico, como o pavimento orixinal, as marcas de canteiro en dúas paredes e restos de pinturas do século XV-XVI que representan o bautismo de Cristo no Xordán. Outro elemento característico da igrexa é a existencia dos canzorros románicos no beiril e certos detalles ornamentais de clara rusticidade nos capiteis.
A historia da igrexa de Oza está ben documentada historicamente, e cítase como mosteiro nun documento do ano 1155, no que figura o nome do abade Suavius. Con anterioridade ó século XV anexionouse a San Miguel de Cis, e a principios do século seguinte pasaría a pertencer ós dominios de San Martiño Pinario.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Rios e Vilasantar”. Vol.XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2213539164Lonxitude: -8.17712724209
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84