Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Centroña
Lugar: Castrelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Érguese no cumio dun monte de pouca altura, consta dun recinto principal protexido por muralla e foxos. En parte está arrodeado por un antecastro. No ano 2008, a asociación cultural Ardóbriga para a protección do patrimonio de Pontedeume e Miño advertiu que o trazado previsto polo Ministerio de Fomento para o tren de alta velocidade ao seu paso polo municipio, podería destruír os xacementos arqueolóxicos situados na parroquia de Centroña.
Nas inmediación atopouse un fragmento dun torque de ouro, datado entre os séculos II-I a.C. que, xunto coa cabeza cuadriforme, foron dados a coñecer por Manuel Murguía no ano 1912. Atópanse no Museo Provincial de Lugo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo información achegada por Pilar Carpente Leira, o anaco de torque foi atopado por un seu parente, Juan Leira, cando estaba a recoller patacas nunha súa finca situada no lugar de Casavella. Sen lle dar moita importancia, depositouno no chan e, ao rematar, levouno para a casa. O domingo seguinte encargoulle a súa filla que o levara ata Pondeume para ver se por el lle daban cinco pesetas polos debuxos que tiña. O reloxeiro, despois de examinalo, ofreceulle 125 pesetas. A moza, sorprendida, recolleu o torque e dirixiuse ata a casa de don Domingo Álvarez Freire para que averiguara o que era aquilo. O señor Caruncho, da Coruña, manifestoulle a aquel que era “ouro galego do Sil”, ofrecéndolle 450 pesestas. Logo outro home, o señor Badía, levoullo a Manuel Murguía quen quedou encantado, asegurando que pertencía aos celtas ou aos romanos. Como anécdota final, o anaco de torque pasou en pouco tempo das 5 pesetas ás 1.000, e para o caso de que aparecera a outra metade o seu valor estimábase en 4.000 pesetas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 11 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.455)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.40043287867545
Lonxitude: -8.195629119873047
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84