Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Redondela
Parroquia: Cedeira (Santo André)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben: Peto de ánimas da Raíña
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas do ano 1890 que consta dun retablo de ánimas realizado en pedra policromada, actualmente sen cores. Na parte alta e central aparece San Antón de Padua levando nos seus brazos ao Neno Xesús. Acompáñase dun anxo de grandes alas que libra das lapas, pola súa banda dereita, a unha das tres ánimas que se atopa no plano inferior.
Posúe un gravado no reborde da ventá da capela no que se pode ler unha inscrición que fai referencia a un antigo benefactor do lugar:
“DEVOCION DE JUAN GONZALEZ”.
O acceso ao caixón das esmolas é pola parte posterior.
Non ten data, pero o cruceiro que está a poucos metros ten gravado na súa base o ano 1898, polo que é probable que este peto sexa da mesma época.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 2 de abril de 2024 recolle a nova da restauración deste ben.


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html

RESTAURACIÓN ABRIL 2024
https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/04/02/redondela-restaurara-cruceiro-cedeira-peto-100517746.html
http://redondela.gal/es/noticia/restauracioncruceirocedeira_noticias2024


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.276766987
Lonxitude: -8.62546518445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84