Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rois
Parroquia: Augasantas (San Vicente)
Lugar: Duei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro aproveita o cume dun outeiro de 40 m de altura que sobresae do entorno chan que o rodea e que está situado inmediatamente ao sur da aldea de Duei . Ten unha forma de cono moi homoxénea o que fai que as pendentes sexan semellantes por todos os lados, excepto polo lado que dá á aldea que son máis rexas. A altitude da coroa é de 390 m., ten forma redonda e dun diámetro de 60 m. Está rodeado dun parapeto de terra e pedras que está bastante esborrallado e difícil de ver. O seu entorno está plantado de eucaliptos. No plano de pendentes Lidar 2010 parece apreciarse que tiña unha entrada pola banda sueste. Pasa cerca del o rego do Treito, que nace no monte do mesmo nome, rodeándoo de este a oeste a unha distancia que vai dos 200 a 700 m. No libro “ As comunicación romanas na provincia da Coruña” de Benito Saéz Taboada apunta a unha ruta que dende Padrón e pasando Cerca de Herbogo, onde está o castro romanizado de Socastro, cambiaría de traxectoria e atravesaría o monte do Pedregal pola aldea de Faro, e despois pasaría por Porto, Beade, Duei e Sóñora cara os castros de Comparada e Servia na ruta ata Noia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB011.jpg
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0304.pdf (mapa de pendentes Lidar, esquina superior esquerda)
http://centros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/deptos/hist_rois.pdf
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm?skipFlashCheck=true
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7691319112Lonxitude: -8.77045869827
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 9, 2014
Webs con planos e información do castro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB011.jpg
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0304.pdf (mapa de pendentes Lidar, esquina superior esquerda)
http://centros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/deptos/hist_rois.pdf
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm?skipFlashCheck=true