Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar: Plaza Santa Liberata
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fachada principal ven flanqueada por dúas torres de base cuadrangular, con ocos en cada cara de arcos de medio punto, e balaústre pétreo. Rematan con
pináculos nas esquinas e cúpula de media laranxa. No frontispicio, sobre o lintel da porta, presenta a seguinte inscrición:

“D. O. M.
B.LIBERATAE.GEMELIS.QVE.SVIS.BAIONENSIBVS.NOSTRIS.AC.SILAE.FIAE.NUTRICI.
ANNO. DOMINI. MDCCI.”
(A Deus Óptimo Máximo A Liberata e ás súas irmáns xemelgas, as nosas baionesas, e a Sila, piadosa nodriza. Ano do Señor 1701)

Sobre este lintel ten unha fornela, enmarcada por pilastras, que acolle a imaxe pétrea da Santa. A ámbolos lados ten dous escudos: o real de Castela-León, coa custodia no centro, e o de Baiona. O escultor que realizou a obra foi Xacinto Fernández,
que cobrou por ela o día 30 de Outubro de 1701 a cantidade de 270 reais. No ano 1736 as torres ameazaban ruína e tiveron que adosarlle catro estribos
de contención, e no ano 1760 tiveron que arranxar á bóveda. Esta obras non remataron ata 1799.
O retablo, ao igual que o da Colexiata, foi realizado por Antonio del Villar con deseño do Maxistral do Cabido tudense, D. Xoán Hermida e Puga. Rematouse ao comezo do ano 1739 e custou 12.000 reais.
Das tres rúas que presenta, o ter a necesidade de representar no centro a Santa Liberata coas súas oito irmáns, fai que o espazo da central sexa moi grande. Resólvese o problema con un forte adiantamento da rúa central e no banco busca a solución en biselado, para reducir ao máximo as laterais que resultan moi estreitas. Aprovéitase o bisel para por nel releves similares aos dos estremos do banco que representan momentos da vida da Santa. As rúas laterais teñen fornelas planas e acollen as imaxes por medio de peañas. No primeiro corpo remátanse con cartos de esfera, non así no segundo corpo, que
non están cubertas. A imaxinería destas rúas laterais son San Pedro e San Paulo no primeiro corpo, e no segundo Santa Bárbara e Santa Apolonia.
A rúa central presenta o sagrario no centro dun gran arcosolio. No corpo central representa o martirio de Santa Liberata e as súas irmás e a nodriza Sila. Céntrase por medio de dous pares de columnas, unhas salomónicas e outras estípites. No ático hai unha gran figura de Santiago. Na clave do arco, o escudo da Vila.
Tres anos despois de rematado, en 1742, faise o encargo de pintalo a Estevo da Silva e Alexandro Domínguez pola suma de 9.000 reais. Como altares laterais ten dous cadros de boa factura: S. Francisco Xavier e a Virxe do Carme.

As obras foron costeadas por subscrición popular en toda a diocese, e a imaxe pétrea da Santa pagouna o Concello de Baiona. Despois que o Bispo de Tui, Frei Anselmo Gómez de La Torre, concedera os permisos pertinentes para á súa edificación o 20 de agosto de 1694, debido aos problemas que xurdiron referentes á súa ubicación, as obras non comezan ata o ano 1695. Dirixen a construción Xosé Domínguez Bugarín e Marcial González, pola cantidade de 7.500 reais.
O templo construíuse na honra a Santa Liberata, santa que foi a primeira muller crucificada no século II.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nos laterais do altar destacan dous cadros, un de San Francisco Javier, e o outro da Virxe do Carme.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BAIONA/documents/0712CA001.pdf
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/baiona/liberata.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1201526
Lonxitude: -8.8523668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84